top of page

Niza a través dos fundidos.

À propos de Nice, un filme francés do ano 1930 de Jean Vigo e Boris Kaufman, fotografa dunha maneira subxectiva a vida cotiá na cidade de Niza a comezos dos anos trinta.

En dúas ocasións, o corpo dunha burguesa queda parcialmente nú, desprendendoa así da ostentación das súas prendas e eliminando consigo o único factor visual que nos permite diferenciala dunha persoa de clase baixa.

Esta escea, precedida doutras que nos amosan as rúas ateigadas de xente adiñeirada no seu lecer, focaliza a atención nunha muller que repousa nunha cadeira, a cal muda de roupa e complementos, todo de luxo, ata en cinco ocasións. Á fin queda espida, conservando soamente o seu calzado, sendo, xunto coa súa postura, o único que non varía na secuencia.

Así pois, móstranos dunha maneira simbólica a homoxeneidade presente nesta casta, tanto nas súas costumes coma na súa vestimenta, co seu fasto característico.

Pese a "desaparecer" o zapato mais o calcetín, a persoa de costas segue a realizar co pano os movementos propios da súa labor.

A roupa volta a evaporarse, porén, nesta escea xa non é o único que nos proba que ese membro pertence a unha persoa rica, pois  a limpabotas clarificao, mais á vez impide desligar, como sucedía na outra, a persoa da clase social  á que pertence, o que provoca a perda da intención deste recurso.

bottom of page