top of page

À propos de Nice

Dirixido por Jean Vigo, o filme enmárcase no xénero do documental social, en auxe nos anos vinte. Dende a subxetividade, descríbese a cidade de Niza e denúnciase as súas desigualdades.

Nesta escea da película, atopamos a unha señora moi ben vestida paseando polas rúas de Niza. Co seu abrigo, o caxato e o bolso, ten un aire de aburguesada, estrato social que o cineasta retrata neste filme. A cámara séguea no seu paseo, e inmediatamente despois preséntasenos un plano dunha avestruz movéndose inqueda.

A través destas imaxes, Vigo pretende establecer unha comparación entre os dous elementos, asociando o pescozo erguido da ave ca vanidade da muller, ridiculizándoa a ela e á súa clase social.

 

Máis adiante na metraxe, vemos a membros das clases altas tomar o sol na praia, descansando nas tumbonas e queimándose co sol. Son de novo comparados polo cineasta cun animal, desta quenda os crocodilos, establecendo similitudes entre as viciosas sestas destes animais e as dos burgueses. Así mesmo, critica unha vez máis o seu estrato, comparándoos coas bestas de sangue fría: depredadores procurando a súa presa.

Finalmente, nunha realidade da cidade radicalmente distinta á anterior, atopamos o barrio obreiro, cas mulleres lavando a roupa e os rapaces xogando aos seus sinxelos xogos. Grávanse as rúas cheas de lixo, e xunto a un sumidoiro, un gato. En contraste cos anteriores exemplos, desta vez o gato non representa nin se compara con nada, é tan só unha parte do decorado cuxa función é a de caracterizar o ambiente no que vive a clase obreira.

bottom of page